Encoro de Arbón
Tipo | encoro | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Asturias, España | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | río Navia | |||
Características | ||||
Altitude | 33 m | |||
Dimensións | 180 () m | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1962 | |||
O encoro de Arbón é un encoro español situado na Terra Eo-Navia do Principado de Asturias, sobre o leito do río Navia. Inaugurouse en 1967 e ten unha capacidade de 38,20 hm³ Constitúe o primeiro aproveitamento hidroeléctrico do río Navia, ao situarse a tan só 12 km da súa foz no mar Cantábrico. Logo xa se atopan os encoros de Doiras e Salime, respectivamente. Localízase na parroquia de Arbón, no concello de Villaión, no límite co concello de Coaña. Ademais de por estes dous, as súas augas esténdense tamén polo concello de Boal.
O seu aproveitamento é fundamentalmente hidroeléctrico, aínda que se destina tamén para usos deportivos e lúdicos.
Os ríos Cabornel e Riofrío desmbocan no encoro de Arbón.
Central hidroeléctrica de Arbón
[editar | editar a fonte]A central de Arbón é unha central hidroeléctrica situada nas proximidades do encoro de Arbón. O seu proxecto é obra do arquitecto Ignacio Álvarez Castelao e do enxeñeiro Juan José Elorza[1]. Conta con dous grupos xeradores, Arbón I e Arbón II, que entraron en funcionamento comercial en 1967 e 1968 respectivamente, con 28 MW cada un. Pertenceu á empresa Viesgo ata a súa compra por Repsol en 2018 [2], e evacua a súa enerxía a través dunha rede de 132 kV .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tielve García, Natalia. "Central Hidroeléctrica de Arbón". patrimoniuindustrial.com.
- ↑ "Repsol, segunda mayor eléctrica en Asturias tras culminar la compra de activos a Viesgo". La Nueva España. 3 de novembro de 2018.